Eloy Saavedra (Pedroso, 1970), presidente da asociación Caza e Pesca Xuvia, será un dos cazadores participantes nas batidas que tenrán lugar en Fene, co obxectivo de controlar a poboación de xabaríns, causantes de diversos danos no ámbito agrícola e nas áreas urbanas do municipio.
-A decisión de realizar batidas con arco e flecha está a levantar unha gran expectación...
-Si, realmente a xente ve o uso do arco coma algo exótico, pero o único que pretende e procurar o control dos animais. As batidas con arcos serán unha das medidas que se tome, pero non a única.
-¿E cáles serán esas outras medidas a tomar?
-O principal é trasladar o hábitat dos xabaríns, xa que de esa forma poderán vir, pero non utilizarán as zonas urbanas como refuxio. Por este motivo, Navantia xa se comprometeu a desbrozar o interior da factoría e o Concello encargarase de avisar ós propietarios de fincas abandoadas para que procedan a eliminar os matorrais, evitando así que os animais poidan resgardarse alí. Do mesmo xeito, nós, ademáis de realizar as cazas con arco, colocaremos diversos sistemas de captura polo lugar.
-¿Por que se elixiu este tipo de arma e non outra?
-Por dúas razóns moi simples. A primeira é que o arco é unha arma moito menos perigosa e a segunda, que con este tipo de armamento, os rebotes son mitigados, evitando riscos innecesarios.
-¿Cómo se desenrolarán estas batidas e cándo darán comezo?
-Participaremos tres cazadores autorizados, facendo esperas nas primeiras horas da noite, que é o mellor momento para poder capturar ós animais. Por outra banda, Protección Civil terá a zonavixiada para evitar incidentes e os veciños serán alertados previamente dos días que terán lugar as batidas, as cáles darán comezo en canto a Consellería de Medioambiente expida a súa autorización.
-¿A sociedade ten experiencia previa neste tipo de caza?
-Por suposto. Non é a primeira batida deste tipo que realizamos. De feito, xa fixemos outra no municipio no mes de maio deste ano. |