RRCC ARCO CORUÑA |
Arqueiros en Bens |
5/5/2015 |
IV Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco O pasado 2 de maio disputouse nos Montes de Bens – A Coruña - o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración do Clube Arco Hércules e a Asociación de Veciños de Bens. No provincial de Percorridos de Caza con Arco participaron máis de 30 arqueiros que tentaron clasificarse para o autonómico da especialidade nunha estupenda xornada para os amantes do arco no cal se enfrontaron a un total de 5 propostas. Na categoría de Arco Asistido Masculino o primeiro posto da clasificación foi para o Pedro Martínez Ángel. En segunda posición situouse o arqueiro Sergio Sobral Barcia. En terceira posición clasificouse Jaime Villaverde Balado. En Arco Tradicional Masculino o primeiro posto foi para Oscar Novas Seijas. Arsenio Lago Rodríguez e Javier Méndez Veira, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente. Na categoría de Arco Asistido Femenino foi Iratxe Guillén Bouzas a que acadaba o primeiro posto. En Arco Tradicional Femenino resultaba gañadora a arqueira Sonia Mª Ribeiro Cosaco por diante de Inmaculada Sta. Marta Rodríguez. En Long Bow era Juan Bandeira Autrán o que se facía co primeiro posto da clasificación. O subcampionato recaeu en Lee Ransdale e xa na terceira posición remataba Benigno Ruiz Pascual. |