SEGUROS FEDERATIVOS |
O Director Xerente de Mutuasport mantén unha xuntanza cos traballadores da FGC |
30/4/2015 |
Na xornada de onte o persoal da Federación Galega de Caza ao completo reuníase na sede de Santiago de Compostela cunha representación de Mutuasport, a Mutua dos cazadores federados, encabezada polo seu director xerente, Javier Vergés. A motivo da xuntanza era informar aos traballadores dos novos proxectos, melloras e avances que a compañía está a facer tanto a nivel comercial, como de xestión e, sobre todo, en canto a promocións e servizos para o cazador federado. Nas vindeiras semanas informarase puntualmente a sociedades de caza e cazadores federados destas novidades, algunhas delas moi destacadas e que a bo seguro recibirán de moi bo grado. Durante a xornada, o persoal da FGC aproveitou para facerlle chegar de primeira man a Vergés as inquedanzas e esixencias que os cazadores federados lle transmiten cada día en canto ás coberturas dos seus seguros e a xestión dos seus accidentes de caza. Vergés afirmou telas en conta de xeito inmediato e acordou mellorar todo o posible os servizos e coberturas dos produtos de Mutuasport. Xuntanzas coma esta amosan a clara diferenza entre Mutuasport e o resto de aseguradoras, pois non existe outra compañía onde sexa o máximo dirixente quen se achegue a falar en persoa cos traballadores, e quen recolla en persoa e de primeira man as esixencias, críticas e ideas para mellorar os seus seguros de caza. Sen dúbida un dos grandes valores diferenzadores que teñen ao seu favor os cazadores federados. |