SAN HUBERTO OURENSE |
José Francisco Otero acada o provincial |
15/4/2015 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto O pasado 11 de abril disputábase a fase provincial de Ourense de Caza San Huberto na localidade de Sandiás. Un campionato que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de Sandiás. O primeiro posto foi para José Francisco Otero González que co pointer macho “Indio de Pasarín” acadou unha puntuación de 53 puntos converténdose no novo Campión Provincial da especialidade. José Francisco era seguido, en segunda posición, de Andrés Sánchez Fernández con “Roa de Bosende” e 44 puntos. O terceiro posto foi para o cazador Pedro Nieto González co setter inglés “Mayor de Bosende” con 42 puntos. Na especialidade de Springer Spaniel o primeiro posto era para Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forveláz” obtendo 25 puntos. O segundo posto, a dous puntos do primeiro, era para José Canosa Senlle con “Saly de Forvelaz”. José Francisco Otero González, Andrés Sánchez Fernández, Eliseo Faraldo Fernández e José Canosa Senlle, son os cazadores que conforman a selección de Ourense que representarán a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da modalidade. |