CONVENIO
JG-Excopesa e Deerhunter, novos colaboradores de Mutuasport
15/4/2015

A Mutua alíase con dúas marcas de referencia no sector cinexético, representadas por Excopesa en España

Mutuasport, a Mutua dos cazadores, asinou recentemente un acordo de colaboración con dúas das principais firmas do ámbito cinexético, como son a marca de cartuchos JG-Excopesa e de roupa técnica de caza Deerhunter.

A través da firma deste convenio Mutuasport alíase con dúas marcas de de referencia no sector da caza, representadas en España porExcopesa, ao tempo que lle permite afianzar a súa posición como a principal compañía de seguros no mundo cinexético, ofrecendo aos seus mutualistas os mellores servizos e coberturas.

Cartuchos J.G. naceu nos anos 70 en León. Na actualidade prodúcense máis de cincuenta referencias de cartuchos de marcas propias, entre os que destacan por enriba do resto JG-Excopesa, marca de referencia en cartuchos de competición e caza de grandes prestacións, sendo máximos expoñentes da alta tecnoloxía adaptada ás necesidades do tirador e cazador actual.

Pola súa banda, Deerhunter é unha empresa danesa creada en 1985. Especializados no deseño e fabricación de pezas técnicas de caza, o seu éxito fundamental reside no uso de membranas illantes de deseño propio como o Deertex ou outras de tipo antideslizantes ou anti rotura como a Hitena. Deerhunter é á súa vez un dos maiores e máis especializados fabricantes de pezas de camuflaxe de Europa, moi útiles sobre todo en caza maior.

Grazas a este acordo de colaboración, as marcas JG e Deerhunterestarán presentes nos diferentes soportes cos que conta Mutuasport, ofrecendo unha enorme visibilidade aos centos de miles de mutualistas cos que conta na actualidade.