RECOƑECEMENTO
David Cal, protagonista dos Premios ao Deporte Galego 2014
10/4/2015

A vila pontevedresa de Vilagarcía de Arousa acollía no día de onte a Gala do Deporte Galego 2014, que como cada ano premia aos deportistas galegos máis significativos da última tempada.

A Federación Galega de Caza estivo presente no acto representada polo Presidente Provincial de Pontevedra, Francisco Couselo, e o Secretario Xeral da FGC en Pontevedra, Alejandro Lorenzo, que tiveron a oportunidade de conversar co protagonista do acto, David Cal.

O deportista de Cangas do Morrazo recibiu o Premio Especial de mans do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que destacou “as incontables satisfaccións que lle ten dado aos galegos”, ao tempo que anunciou que o campo de regatas de Verducido levará o nome de David Cal, que agora mesmo ostenta ser o deportista español con mellor historial olímpico.

Pola súa parte, o triatleta Javier Gómez Noya recibiu o galardón ao mellor deportista masculino do ano, mentres que a xogadora de fútbol Vanesa Sotelo recibiu o de mellor deportista feminina.

Agardamos que no futuro algún deportista cinexético sexa recoñecido nestes os premios.