XUNTANZA |
Posta en marcha da nova Comisión de Competicións |
26/2/2014 |
Co inminente comezo dunha nova tempada deportiva, a nova Comisión de Competicións da Federación Galega de Caza mantiña onte na sede da FGC en Santiago a súa primeira xuntanza, co fin de establecer os piares da estrutura competitiva deste ano. Ás 17.00h da tarde esta comisión comezaba coa presentación dos membros da mesma, para logo pasar a establecer o calendario de competicións desta tempada. Trala pertinente revisión dos regulamentos das distintas disciplinas, realizouse tamén unha proposta da Normativa de Competicións para o ano 2015. Tanto o calendario como a normativa serán revisados e aprobados –se procede- pola Asemblea Xeral. Trala pertinente quenda de rogos e preguntas, a xuntanza daba por finalizada arredor das 21.00h. |