I Proba en Aberto de Cetrería de Pontevedra
O pasado 17 de xaneiro tivo lugar a I proba en aberto na provincia de Pontevedra de Cetrería organizado pola Asociación Galega de Cetrería e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Vila de Cruces.
Baixo Voo “Azores”
En azores o primeiro posto foi para Víctor Lama González, seguido de Francisco Javier Orosa Pazo e Dolores Abella Otero en segunda e terceira posición, respectivamente.
Baixo Voo “Harris”
Nesta disciplina o primeiro posto foi para o cetreiro Francisco González García. O segundo posto da clasificación foi para José Guizán Trastoy. Completou o podio José Antonio Fernández Mariño.
Sky Trial
Rogelio Domínguez Tubío acadaba o primeiro e segundo posto nesta disciplina namentres que Francisco González García quedaba relegado a terceira posición.
Pequenas Aves
O primeiro posto de Pequenas Aves era para Francisco Javier Orosa Pazo. O novo cetreiro Brais Abella González acadaba o segundo posto namentres que Francisco Javier Orosa Pazo repetía na terceira posición.