RAPOSO PONTEVEDRA |
O equipo Silleda 2 gaña o provincial |
13/1/2015 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de Pontevedra organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores de Cerdedo, Coirego, Cotobade e Forcarei. Á proba acudiron un total de 35 equipos que, ao longo da mañan, tentaron dar caza o astuto e abundante raposo nestes montes pontevedreses. Foi o equipo “Silleda 2” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao abater 2 raposos (1 macho e 1 femia) converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. Para coñecer o campión provincial fíxose preciso a realización dun sorteo xa que o segundo clasificado, o equipo “Salnes 4”, tamén conseguiu abater 2 raposos (1 macho e 1 femia). Completou o podio en terceira posición o equipo “Forcarei-Candan” con 1 raposo (1 macho). A estes 3 primeiros equipos clasificados engádeselles o equipo “Lalín-Tantarantan”, conformando a representación da provincia de Pontevedra na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade. |