RAPOSO LUGO |
Parrillada Antonio foron os campións |
12/1/2015 |
Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Lugo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa colaboración das Sociedades de Cazadores de As Louseiras e Picato Pedroso. Á proba acudiron un total de 25 equipos e, sen lugar a dúbidas, foi unha xornada cinexética extraordinaria, onde a abundancia de raposos e o bo tempo foi a nota predominante, facendo que os equipos gozasen da caza en plenitude. Foi o equipo “Parrillada Antonio” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao acadar un total de 1.500 puntos converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. O segundo clasificado, foi o equipo “Os Rápidos A”, con 1.500 puntos. “Aparta que ahí vamos” subiron o terceiro posto da clasificación final con 1.000 puntos. Estes 3 primeiros equipos clasificados xunto con "Casa Alejandro" que rematou cuarto, conformarán a representación da provincia de Lugo na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade. |