RAPOSO OURENSE |
Lamela foi o equipo campión |
12/1/2015 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Ourense organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor de Xinzo de Limia. Á proba acudiron un total de 4 equipos que durante toda a maña tentaron dar caza ao raposo. Foi o equipo “Lamela” o equipo primeiro clasificado con un total de 4 raposos capturados os cales lle outorgaron un total de 2.000 puntos. O equipo “Os homes de Paco” acadaron o segundo posto con 500 puntos. O equipo Xinzo II foi o terceiro clasificado. Os dous primeiros equipos clasificados conformarán a representación da provincia de Ourense na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade. |