SOLIDARIEDADE
Solidariedade dos cazadores pontevedreses cos máis necesitados
29/12/2014

A Federación Galega de Caza de Pontevedra, cumpre coa iniciativa anunciada  o pasado día 14 de Novembro nunha reunión coas cuadrillas de caza maior da provincia de Pontevedra, así como en diversos medios de comunicación, na que se decidiu facer un xesto de solidariedade facendo doazóns dalgunhas das súas pezas abatidas ó comedor social de San Francisco.

A iniciativa partiu dunha reunión que o presidente provincial Francisco Couselo tivo co párroco Gonzalo Diéguez para coordinar varias entregas de carne de diferentes cuadrillas. A achega feita a través do presidente provincial parte da Sociedade de Caza “MONTEIROS DO BAIXO MIÑO”.

A FGCP quere manifestar o seu agradecemento ó presidente desta sociedade Guillermo Vicente Amorín, e a dúas das súas máis representativas monteiras  Mari Carmen González Álvarez e a Blanca Misa Millán.

Esta solidariedade faise extensiva a outros centros benéficos que puideran estar interesados invitándolles a que se poñan en contacto coa Federación de Pontevedra.

A FGCP quere mostrar o seu agradecemento ás cuadrillas que se sumen a esta iniciativa como o fixo o TECOR de PORTAS facéndose eco da iniciativa, tendo que desprazarse a Pontevedra a pesares de haber outros centros benéficos na súa comarca, contribuíndo así á axuda dos máis necesitados.