ELECCIÓNS 2014 |
Conclúe a xornada de votacións á Asemblea da FGC en Lugo e Pontevedra |
5/12/2014 |
No día de hoxe a Federación Galega de Caza ten unha cita coa democracia: 5362 deportistas federados e 120 sociedades de caza federadas están chamadas ás urnas na provincia de Lugo, mentres que 5857 deportistas, 57 xuíces e árbitros e 89 sociedades poderán facer o propio pola provincia de Pontevedra. A Coruña evitaba a xornada de eleccións in extremis trala renuncia de diversas candidaturas nos estamentos de deportistas, xuíces e árbitros, e sociedades, mentres que Ourense non necesitaba celebrar xornada de votacións ao non superar as candidaturas presentadas o número de prazas dispoñibles para esta provincia. Así pois as mesas electorais de Lugo e Pontevedra constituíanse sen novidade ás 9.30h, dando comezo ás votacións as 10.00h. A continuación iremos actualizando ao longo da xornada cos datos máis destacables desta xornada de votacións á Asemblea Xeral da FGC:
IMPORTANTE: as mesas electorais pecharán ás 14.00h e abrirán de novo ás 15.00h
Moi igualada a participación nas dúas mesas electorais, ambas superan os 100 votantes a esta hora.
Bo ambiente e normalidade marcan esta xornada de votacións. A participación segue moi igualada en ambas provincias, superando agora os 150 votantes en cada unha delas.
Peche das mesas electorais. Lugo remata a xornada con 131 votantes no estamento de deportistas e 37 no de sociedades. Pola súa parte, Pontevedra pecha con 140 votantes no estamento de deportistas, 20 no de xuíces e árbitros e 50 no de sociedades. Comeza o escrutinio dos votos.
Remata o escrutinio en Lugo. Descargar Acta de escrutinio Lugo Segue o reconto na mesa electoral de Pontevedra.
Rematou o escrutinio en Pontevedra. Descargar Acta de escrutinio Pontevedra Complétase así a xornada de votacións á Asemblea Xeral da FGC, marcada pola normalidade e o bo ambiente en ambalas dúas mesas electorais que abriron no día de hoxe. |