CETRARÍA
Cetreiros en Aranga
4/12/2014

I Proba aberta de Cetrería en Montesalgueiro – Aranga (A Coruña)

O pasado sábado día 29 de novembro desputouse no concello coruñés de Aranga a I Proba aberta de Cetrería organizada pola Asociación Galega de Cetrería e a Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Caza San Pelayo, o concello de Aranga e a Comunidade de Veciños de dito concello.

Baixo Voo “Azores”
Nesta disciplina a campiona da proba foi a cetreira Dolores Abella Otero. Victor Lama González e Lucas B. Boubeta Verdeal acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

Baixo Voo “Harris”
O primeiro posto foi para Francisco González García seguido de José Guizán Tastoy en segunda posición. Compretou o podio Víctor Lama González.

Sky Trial
Rogelio Domínguez Tubío era o campión nesta disciplina namentras que o segundo posto era para Francisco González García. Rogelio tamén repetía no terceiro posto da clasificación.

Pequenas Aves
Brais Abella González era o campión nesta disciplina e David Aínse García era o que remataba en segunda posición.