ARCEAS OURENSE |
Artemio Formoso é o campión provincial |
17/11/2014 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas O pasado sábado 15 de novembro disputouse no Tecor Os Blancos, unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor. Ao igual que aconteceu noutros provinciais da especialidade, a climatoloxía e a falta de arceas fixo que os 9 cazadores que tomaron saída nesta edición da fase provincial cobraran e avistaran poucas arceas. Foi o cazador Artemio Formoso Barro o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos converténdose no Campión Provincial de Ourense deste 2014 ao aportar unha arcea o control. A sorte fixo que o subcampionato era para José Luis Mendez Tesouro e o terceiro posto recaía nas mans de Abel Andrés Otero. Artemio Formoso Barro, José Luis Méndez Tesouro, Rosendo Ríos Domínguez e José Carlos Otero Pérez conformarán a representación de Ourense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas. |