CETRARÍA
Abella Otero en Baixo Voo e López Penas en Sky Trial foron os Campións Galegos en Xinzo de Limia
29/10/2014

XIII Campionato Galego de Cetrería e VI Copa Pequenas Aves

O pasado 24, 25 e 26 de outubro disputouse o XIII Campionato Galego de Cetrería no concello ourensá de Xinzo de Limia. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Asociación Galega de Cetrería, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Sky Trial
Na modalidade de Sky Trial participaron un total de 6 cetreiros, e foi unha proba na que o novo Campión Galego do ano 2014 era Oscar López Penas con 63 puntos, o subcampionato recaía en Francisco González García con 55,5 puntos e o terceiro posto do podio era para Roger Domínguez con 47 puntos.

Baixo Voo
Na modalidade de Baixo Voo déronse cita un total de 36 aves, divididas en Azores e Harris. A clasificación xeral do Campionato Galego de Baixo Voo otorgaba o título de Campión Galego 2014 a Dolores Abella Otero con 66 puntos. Nuria Gallego era a subcampioa galega con 47 puntos, namentres que a medalla de bronce era para Antonio Amado con 40 puntos.

VI Copa Pequenas Aves
Ata 6 pequenas aves concorreron na Copa que nesta edición era gañada por Javier Orosa con 34 puntos. Con 33,5 puntos o segundo clasificado era Mónica Gutiérrez e xa en terceira posición finalizaba Isaac Castellano con 32 puntos.