CAZA MENOR
Jaime Pintos foi o gañador ourensán
27/10/2014

Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can

O pasado sábado 26 de outubro disputouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Destacar desta fase provincial a abundancia de caza que avistaron os participantes, feito este que fixo que a proba estivese do máis entretida, sucedéndose diferentes lances ao longo do transcurso da competición.

Foi o cazador Jaime Pintos Davila o que acadaba o título de Campión Provincial de Ourense de Caza Menor con Can cun total 1010 puntos. En segunda posición remataba Marcos Touron Dibuja con tamén 500 puntos. E o terceiro posto era para José Luis Estévez Dieguez con 400 puntos.

Jaime Pintos Davila, Marcos Touron Dibuja, José Luis Estévez Dieguez e Abel Andrés Otero serán os cazadores que representaran a provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da especialidade.