CAZA MENOR
Iván Moure acada o título de campión provincial de Pontevedra
27/10/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado 25 de outubro disputouse nos terreos do Tecor pontevedrés de Tomiño, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Cazadores A Tomiñesa.

A esta fase provincial acudiron un total de 20 cazadores, e foi un campionato marcado polas altas temperaturas.

Iván Moure González, obtivo o mellor resultado e se converteu no Campión Provincial con 1.800 puntos. En segunda posición remataba Moisés Mariño Melo con 1100 puntos. A sorte fixo que Juan José Del Río Solla obtivera o terceiro posto da clasificación final con 700 puntos.

No tradicional xantar de irmandade tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes entre as que se atopaban directivos da FGC en Pontevedra e da Sociedade de Caza A Tomiñesa.

Acudirán ao Campionato Autonómico da especialidade en representación da provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: Iván Moure González, Moisés Mariño Melo, Juan José Del Río Solla, Julio Pereira Martínez, Diego Rodríguez Otero e Rafael Barbosa Vieira.