XUNTANZA
Última xunta directiva antes do proceso electoral
22/10/2014

A Xunta Directiva da Federación Galega de Caza mantiña no día de onte, ás 17.30h, a derradeira xuntanza antes de converterse en Xunta Xestora e dar comezo a un novo proceso electoral.

Esta convocatoria tiña como obxectivo resolver os últimos temas pendentes da Xunta Directiva así como unha posta ao día dos temas da FGC, especialmente o inminente comezo do proceso electoral.

Mañá, 23 de outubro, será cando a Xunta Directiva se converta en Xunta Xestora da Federación, e comece o proceso electoral coa publicación da convocatoria de eleccións e do censo electoral provisional no taboleiro de anuncios da FGC e das federacións provinciais, e tamén nesta mesma páxina web.