NOVA COBERTURA
Mutuasport asina un acordo con ARAG para prestar servizos de asistencia en viaxe no estranxeiro
8/10/2014

Mutuasport ven de diseñar un produto de asistencia en viaxe que se anexará ao seguro principal do cazador e que ten como finalidade cubrir os riscos principais que se poidan producir con motivo do traslado e práctica da caza no estranxeiro.

Para levar a cabo esta cobertura, Mutuasport chegou a un acordo con ARAG, principal compañía aseguradora especializada neste tipo de servizo. O acordo asinouse en Barcelona intervindo, por parte de ARAG Mariano Rigau CEO da aseguradora, e de Mutuasport Paco Piera e Javier Vergés, Conselleiro Delegado e Director Xerente respectivamente.

O produto poderase contratar a través das Federacións de Caza, mediadores colaboradores ou ben directamente con Mutuasport. Pode poñerse en contacto coa Federación Galega de Caza para consultar máis en profundidade as coberturas, prezos e condicións deste novo servizo para os cazadores federados.