RASTRO COELLO |
Marcos González impúxose en A Baña |
10/9/2014 |
Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade O pasado 6 de setembro disputouse no concello coruñés de A Baña unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro sobre coello organizada polo Clube dos Amigos dos Cans de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza e da Sociedade de Cazadores de “Sancan” de A Baña. Na proba participaron un total de 19 cazadores cos seus respectivos lotes de cans que gozaron dunha extraordinaria xornada de competición na que o público asistente puido ver o traballo realizado polos diferentes cans no rastrexo dos coellos de monte. Foi o lote de Marcos González formado por “Brisa”, “Barbie”, “Hana” e “Elkan” o que acadou o primeiros posto ao completar unha presentación cun total de 599 puntos. En segunda posición remataba o lote formado por “Lala”, “Cone”, “Lupita” e “Iran” propiedade de Juan Formoso Raposo con 585 puntos. O participante Carlos Casas Cambón obtiña a medalla de bronce co lote de beagles formado por “Eros”, “Sam”, “Tula” e “Era” con 571 puntos. O premio o Mellor Can foi para “Brisa” propiedade de Marcos González con 155 puntos. |