ÓBITO
Falece Manuel Carballido Freire, xuíz da FGC
27/8/2014

Lamentamos comunicar a defunción de Manuel Carballido Freire, xuíz de Percorridos de Caza, Compak Sporting, San Huberto e Cans de Parada da Federación Galega de Caza.

A FGC lamenta profundamente a súa perda ao tempo que lle achega a familiares e amigos o seu máis sinceiro pésame.

A capela ardente está instalada na sala 3 do Tanatorio Noroeste, sito en Outonil s/n, Noia (A Coruña). Será soterrado mañá na Igrexa de Argalo, Noia (A Coruña), ás 17.00 horas.