SAN HUBERTO
Ramón Picallo resulta vencedor en Riveira
27/8/2014

VI Campionato de San Huberto “Cidade de Riveira”

O pasado 24 de agosto disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores do Barbanza a sexta edición do Campionato de San Huberto Cidade de Riveira organizado por dita Sociedade de Cazadores e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba transcorreu sen imprevistos e actuaron como xuíces David Romero Albores, Antonio González Álvarez e Iván Moure Canedo.

Foi o participante Ramón Picallo o que se subía ao máis alto do podio ao acadar un total de 65 puntos. O segundo e terceiro posto estivo máis pelexado e fíxose preciso un desempate, obtendo o segundo posto o cazador Roberto Dopico Dopico con 59 puntos, quedando relegado a terceira posición Juan José Canosa Vigo co mesmo número de puntos.