FORMACIÓN
Máis de 1.300 cazadores participaron ata o momento nos Cursos de Seguridade
7/8/2014

Esta fin de semana remata o calendario de formación de Responsables de cacería

As localidades pontevedresas de Barro e Tui, acollerán esta fin de semana os últimos cursos do calendario de Formación de Responsables de Cazaría da FGC, aínda que non se descarta celebrar algún outro antes de que remate o ano ante a gran demanda que están a espertar entre os cazadores.

A xornada formativa de Barro, terá lugar o sábado día 9 de agosto, de 18 a 22 horas, na Biblioteca Municipal, mentres que o domingo, día 10, a cita será no municipio de Tui, concretamente no local do palco das festas en Randufe (Chan de Carrasco), en horario de 10 a 14 horas. Os cazadores interesados poderán inscribirse ata o venres, día 8, na Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Trala entrada en vigor da nova Lei de Caza de Galicia, a Federación Galega de Caza puxo en marcha, en colaboración co FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,  un calendario formativo no que levan participado, nos 13 cursos realizados ata este momento, máis de 1.300 cazadores, de tódalas provincias, que recibiron formación sobre a nova lexislación, a organización das cacerías, as armas e municións, e sobre a seguridade e siniestralidade nas mesmas, nos que ademais tiveron ocasión de resolver dúbidas mediante preguntas a profesionais cualificados.

A continuación pode descargar os programas dos derradeiros cursos deste ano:

Descargar Programa Curso Tui

Descargar Programa Curso Barro