CANS DE PARADA CORUÑA
Carlos Lalín con “Alba de Torres da Varela” foi o gañador en Británicos
17/7/2014

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada

O pasado 12 de xullo tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Narahio unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

Nesta proba participaron un total de 31 cans dos cales 7 correspondían a Razas Continentais e 24 a Británicas, sendo xulgados polos xuíces Esteban Cambón Bertoa e Eloy Rodríguez Rego.

En Razas Británicas o campión foi o pointer femia “Alba de Torres da Varela” propiedade de Carlos Lalín cunha puntuación de 1º Moi Bo. Cun 2º Moi Bo calificábase o pointer macho “Rin” de Roberto Dopico. Pedro Nieto co setter inglés macho de nome “Mayor” obtiña o terceiro posto cunha calificación de 3º Moi Bo.

En Razas Continentais ningún dos cans presentados obtiñan calificación.