PROMOCIÓN |
Cazavisión gratis ata o 5 de setembro para tódolos federados da Federación Galega de Caza |
17/7/2014 |
Grazas a un acordo entre a Federación Galega de Caza e Cazavisión, a canle de TV exclusiva de caza, os cazadores federados da FGC poderán ver esta canle de xeito totalmente gratis ata o vindeiro 5 de setembro. Hai uns meses, Cazavisión desenvolveu un sistema para que os afeccionados á caza puideran gozar desta canle desde calquera dispositivo conectado a Internet. Agora mesmo xa é posible acceder dende un ordenador (www.cazavision.es), dende televisores Samsung SmartTV, dende iPhone, iPad, e móbiles ou tablets con Android. Ademais, está prevista tamén a adaptación a televisores SmartTV de LG e Phillips. A través da aplicación ou da web de Cazavisión pódese ver esta canle en directo, que emite 24 horas de caza e ademais acceder ao maior videoclube de documentais cinexéticos. A suscrición só custa 5,99€ ao mes, sen custe adicional, e inclúe, ademais do acceso ao canal en directo, o aluguer gratuíto de 5 vídeos seleccionados cada mes por Cazavisión. Só por ser un cazador federado na FGC terá dereito a unha suscrición gratuíta ata o vindeiro 5 de setembro, sen ningún tipo de compromiso. Cando remate o período de promoción, o sistema solicitaralle se desexa seguir co servizo ou se desexa cancelalo. Para poder acceder á promoción é necesario introducir un código promocional ao rexistrarse na web de Cazavisión. Deberá acceder a http://play.cazavision.es e:
Para obter o código promocional da FGC pulse na seguinte ligazón, onde deberá introducir a súa licenza federativa para poder descargalo: Código promocional Cazavisión Se ten calquera dúbida ou problema contacte coa Federación Galega de Caza. |