COMPAK SPORTING |
Iglesias Otero acada novamente o título de Campión Galego |
7/7/2014 |
XV Campionato Galego de Compak Sporting Na xornada de onte 6 de xullo celebrábase a XV edición do Campionato Galego de Compak Sporting. Un autonómico que foi acollido, unha vez máis, polas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar e organizado pola Federación Galega de Caza. Un campionato que sen dúbida estivo marcado pola alta participación, congregando a máis de 60 tiradores, unha participación que fai que o autonómico galego sexa un dos máis relevantes a nivel nacional. A alta diversidade e variedade dos diferentes campos e traxectorias dos 150 pratos foi o segundo punto destacado deste Campionato Galego que fixo que os tiradores gozasen do campionato. Noraboa á directiva da Sociedade Deportiva Río Sar polo traballo levado a cabo. As primeiras luces da maña desta xornada competitiva apuntaban a unha xornada difícil, marcada pola intensa choiva que caía sobre os diferentes campos de Río Sar. Pero todo trocou ao comenzo da competición, pasando a un tempo extraordinario para o tiro, sen vento e cunha temperatura óptima para a comodidade dos tiradores. Foi novamente Antonio Iglesias Otero o que acaba o título de Campión Galego despois de realizar unha soberbia tirada facendo un total de 135 pratos, sacándose así a espiña do Galego de Percorridos no que non puido obter o resultado desexado. Manuel García Pombo accedía o segundo caixón do podio cun total de 128 pratos obtendo un extraordinario resultado tendo moi en conta a magnífica tirada realizada por Iglesias Otero que durante toda a xornada mantívose inalcanzable. O terceiro posto pagouse moi caro e Daniel Cebreiro e Ángel Mosquera pelexaron por el ata o final empatando a 127 pratos, tendo que realizar un desempate que rematou cos dous tiradores igualados a 23 pratos. Na morte súbita, Daniel Cebreiro superaba a Ángel Mosquera, un forte aplauso e un abrazo entre os tiradores poñía fin a este vibrante desempate no que Daniel Cebreiro García se facía co terceiro posto da xeral. Carlos Álvarez Pazo era o campión na categoría de veteranos cun total de 119 platos seguido de Emilio López Mosquera e Antonio Castro Ferreiro en segunda e terceira posición con 117 e 116 pratos respectivamente. En xuvenís Daniel Vicente Pintus acadaba o primeiro posto ao escachar un total de 107 pratos. Seguiuno o xoven tirador Alejandro Fernández Seco con 102 pratos. Ángel Mosquera Rodríguez con 108 pratos en Superveteranos e Artemio Formoso Barro con 111 en Handisport eran os gañadores nas súas respectivas categorías. |