COMPAK PONTEVEDRA
O campión da proba foi Daniel Cebreiro namentres que Vasconcellos Vicente era o novo campión provincial
30/6/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting

O pasado 22 de xuño disputouse no campo de tiro Couso – Ponteareas a fase provincial de Pontevedra da modalidade de Compak Sporting. Unha fase que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e a colaboración do Clube de Tiro Eido Dalbo.

Un total de 37 tiradores se concentraban neste provincial que se disputou a 100 pratos repartidos en 4 campos e sendo xulgados por José A. Carrera Rodríguez e César Tosar González.

O primeiro posto da clasificación xeral pagouse moi caro e foi preciso a realización dun desempate para coñecer o campión da proba. Foi o xoven tirador Daniel Cebreiro García o que se impoñía a José Antonio Vasconcellos Vicente 20/18 neste desempate, despois de rematar a tirada con 87 pratos ámbolos dous. Polo tanto, Daniel Cebreiro era o campión da proba e José Antonio Vasconcellos Vicente, co segundo posto, convertíase no novo Campión Provincial da especialidade. O terceiro posto era para o veterano Jaime Vilas Pereira con 86 pratos derrivados.

En xuvenís o campión era Daniel Vicente Pintus con 81 pratos escachados namentres que José Costas Iglesias facía o mesmo na categoría de superveteranos.