RRCC ARCO PONTEVEDRA
Arqueiros en Mondariz
16/6/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 8 de xuño disputouse no concello pontevedrés de Mondariz unha edición máis da fase provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración das Sociedades de Caza Cazarco e Mondarizana.

No campionato participaron un total de 30 arqueiros que se enfrontaron as complexas pero entretidas e  habilidosas propostas elaboradas pola organización.

Na categoría de Arco Asistido o Campión foi Eloy Álvarez Couñago con 213 puntos. Con 210 puntos o subcampionato era para Pedro Martinez Ángel. Ángel Villaverde Balado era o que completaba o podio en terceira posición con 197 puntos.

En Arco Tradicional o primeiro posto era para Oscar Novás Seijas con 188 puntos. A prata era para Abel López Lepiani con 133 puntos namentres que Carlos Silva García era o que obtiña o bronce con 129 puntos.

Na categoría de Damas Asistido o primeiro posto era para Dolores Bugarín Codeseda con 208 puntos. María Rodríguez Rodríguez e Iratxe Guillén Bouzas obtiñan o segundo e terceiro posto con 190 e 180 puntos, respectivamente.

En Damas Tradicional a campioa era Inmaculada Santamaría con 92 puntos.

Sergio Sobral Barcia con 153 puntos era o campión Junior e Rebeca Villaverde Bugarín era a campioa en Cadetes con 89 puntos.