RASTRO XABARIL CORUÑA
Francisco Rodeiro con”Cho” foi o campión provincial
16/6/2014

Campionato Provincial de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

O pasado sábado 14 de xuño disputouse a fase provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, que tivo como escenario os montes do Tecor da Sociedade de Caza de Melide e baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración de dita Sociedade.

Ao campionato acudiron un total de 32 participantes que foron xulgados por Severino Ramil Fernández e Raúl Cartea Eiros , sendo os Directores da proba Emilio Vila Torreira e José Balado Casal.

Foi o monteiro Francisco Rodeiro Eiras o que co seu can “Cho” se proclamaba campión provincial con un total de 254 puntos. O segundo posto era para Jose Manuel Barreiro Rivadas con “Ludo” é un total de 188 puntos. Con 167 puntos remataba en terceira posición Alfonso Collazo Pasín con “Lula”.

A estes monteiros sumaránselles Manuel Rodeiro Louzao, José Luis Iglesias Neira, Miguel Bouza Prada, Carlos Arnoso García, Dositeo Penas Prado, Cristian Fernández Abuín e Jesús Ángel Fernández López, conformando a selección provincial de A Coruña que participará no vindeiro Campionato Autonómico da especialidade.