FECAP 2014
Comeza a Feira de Caza e Pesca de Silleda coa presenza da FGC
13/6/2014

No día de onte daba os seus primeiros pasos a primeira edición da Feira de Caza, Pesca e Natureza, encadrada na Feira Semana Verde de Galicia. Alí, e dende primeira hora da mañá estaba presente a Federación Galega de Caza a través do seu stand federativo, onde se achegaron os primeiros grupos de cazadores e visitantes a coñecer as últimas actividades da Federación.

As 17.30h tiña lugar a inauguración oficial da Feira Semana Verde de Galicia a cargo do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen destacou a diversificación da feira e a inclusión este ano dun apartado específico para a caza. Tamén estiveron presentes nesta inauguración o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, e o Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo.

Comezan así as actividades da FGC na FECAP, que con diversos cursos como o de seguridade –que xa ten o aforo previsto desbordado ante o éxito que tivo entre os cazadores- e o de xuíces de rastro e cetraría, as demostracións de arco e cetraría, e a celebración de varias probas que culminarán o domingo coa I Copa Federación de Agility, a última disciplina incorporada ao catálogo deportivo da FGC, conta cun amplo abanico de ofertas para os cazadores e afeccionados da caza en xeral.