ANULADO
Nulidade do proceso electoral da RFEC
9/6/2014

Andrés Gutiérrez deixará de ser Presidente. O proceso electoral terá que repetirse.

A Federación Galega de Caza acaba de ter coñecemento da sentencia da Audiencia Nacional que certifica que o último proceso electoral da RFEC tivo irregularidades decisivas que obrigan a anulalo.

Esta sentencia estima o recurso formulado por Enrique Quintana, Secretario Xeral da Federación Andaluza de Caza, contra a sentencia do Juzgado Central de lo Contencioso de 22 de xaneiro de 2014.

A Audiencia Nacional estima que o censo inicial é un trámite esencial para o proceso electoral, xa que permite presentar as correspondentes reclamacións e asegura a correcta elaboración do censo provisional. Polo tanto, a omisión deste trámite por parte da RFEC debe considerarse invalidante do proceso, xa que reduce unha garantía esencial do mesmo.

A xustiza ven a dar así a razón ao grupo denominado F8, do que forma parte a Federación Galega de Caza, que leva meses pelexando por restaurar a legalidade no proceso electoral da RFEC. Sen dúbida este e un paso decisivo para a reunificación de tódalas federacións autonómicas, toda vez que agora debe levarse a cabo un novo proceso electoral con tódalas garantías de legalidade.

Descargar Sentencia