RRCC ARCO
Campioas galegas na I Gobex Cup
5/6/2014

I Gobex Cup de Percorridos de Caza con Arco

Na localidade estremeña de Plasencia, durante a pasada fin de semana, disputouse a primeira edición da Gobex Cup de Percorridos de Caza con Arco. Unha novidosa competición na que tomaron parte case un cento de arqueiros chegados dende tódolos puntos da xeografía española, e como non, da comunidade galega asistía un nutrido grupo de arqueiros.

Foron as arqueiras femininas galegas as que deixaron o pavillón moi alto nesta primeira edición, mostra delo foi o resultado obtido na categoría de asistido feminino no que a galega Dolores Bugarín Codeseda acadou o primeiro posto con 202 puntos. E entre os arqueiros máis novos destacar a Rebeca Villaverde Bugarín que con 122 puntos obtivo o segundo posto.

Noraboa a estas dúas arqueiras galegas polos resultados obtidos nesta I Gobex Cup que ben a demostrar o extraordinario nivel competitivo que ten o arco en Galicia.