COMPAK SPORTING CORUÑA
Iglesias Otero foi o campión
2/6/2014

Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting

Na xornada de onte día 1 de xuño, tiña lugar a celebración do Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Foi o campo de tiro Río Sar o lugar elixido para a realización deste provincial que se disputou a 100 pratos e no que o tirador Antonio Iglesias Otero acadaba o primeiro posto con 85 pratos derrubados converténdose no novo Campión Provincial da especialidade. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba Daniel Cebreiro García. O terceiro posto da clasificación xeral era para Ángel Mosquera Cornide con 84 pratos escachados.

Na categoría de Veteranos o campión era Juan Sánchez Mancebo con 74 pratos e con 67 derribados o campión en Superveteranos era Ángel Mosquera Rodríguez.