VEDAS |
Medio Ambiente publica a resolución coas épocas hábiles de caza para a tempada 2014-2015 |
26/5/2014 |
A Consellería de Medio Ambiente publica hoxe no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2014-2015. Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2014-2015, que abarca o período comprendido entre o 1 de agosto de 2014 e o 31 de xullo do ano 2015. Pode descargala dende a seguinte ligazón: |