RRCC CORUÑA
Iglesias Otero gañador da fase provincial
5/5/2014

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

Na xornada do domingo 4 de maio disputouse nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar unha edición mais do Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e a colaboración da Sociedade Río Sar.

Un total de 100 pratos divididos en 4 campos foi o que se atoparon os 40 tiradores que participaron neste campionato. Un campionato marcado pola boa climatoloxía que permitiu a tiradores e público gozar dunha moi boa xornada de competición.

Foi o Antonio Iglesias Otero o que engadiu o seu xa amplo palmares un titulo mais de Campión Provincial ao acadar escachar un total de 87 pratos que o levaron ao máis alto da clasificación xeral. A segunda posición foi para Francisco J. Rivero Martínez que a tan so un prato de Antonio Iglesias situábase no segundo posto. Con 84 pratos derribados o terceiro caixón era ocupado polo tirador Santiago García Bello.

Na categoría de Veteranos o primeiro posto era para Elisardo Cea Cebreiro con 78 pratos escachados namentres que en Superveteranos o título era para Ángel Mosquera Rodríguez con 73 pratos.