EMISORAS |
O vindeiro 5 de maio entra en vigor a nova licenza autonĂ³mica de emisora de caza |
30/4/2014 |
O vindeiro día 5 deste mes de maio entrará en vigor a licenza autonómica para o uso de emisoras en todo o territorio da comunidade galega logo de firmar un convenio coa Asociación Lucense de Caza . A FGC con este destacado paso da resposta a petición de moitos cazadores galegos que practican a actividade cinexético, e polo tanto o uso da emisora, en varias provincias galegas rematando así co engurro e gasto que supoñía o ter que sacar varias licenzas provinciais de uso de emisora. Para completar esta información poden ler a entrevista realizada a Javier Fraga, Técnico Oficial de Telecomunicacións, na revista Galicia Cinexética do mes de maio onde se da cumprida resposta a tódalas dúbidas sobre este tema. Ademais, no programa da Radio Galega “Caza e Pesca na Galega” do vindeiro sábado tamén se tratarán co propio Javier Fraga todas estas cuestións. |