PAXARILES PONTEVEDRA |
O Grove acolleu o provincial de Paxaros Cantores |
22/4/2014 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Paxariles O pasado 20 de abril disputouse unha edición mais do campionato provincial de paxaros cantores en Pontevedra. Foi o Grove a localidade que acolleu esta fase provincial organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e que contou coa inestimable colaboración da Asociación Ornitolóxica Deportiva de O Grove. Nesta edición actuaron como xuíces: Iván Fajardo para as categorías de Verderolo e Mixto de Verderolo, Jesús Fajardo para Liñaceiro e Mixto de Liñaceiro, Manuel Chao e Juan Pico para Xílgaro e Mixto de Xílgaro e foi Rafael Prol Canedo o Director da proba. Unha vez rematada a competición deuse a coñecer a clasificación final que quedou do seguinte xeito: Na categoría de Liñaceiro o primeiro posto era para José Ramón Silva Pérez con 12 puntos. O subcampionato foi para Marcos Iglesias Suárez con 9 puntos e xa en terceira posición remataba José Ángel González con 5 puntos. En Mixto de Liñaceiro o primeiro posto era para Estrella Rodríguez Fernández con -5 puntos. Foi José Ramón Silva Pérez e José Manuel Rodríguez Costa os que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente con -10 e -14 puntos. Na categoría de Xílgaro o campionato recaeu en Germán Alcalde Cebreiro que acadou un total de 47 puntos. Seguiuno en segunda posición Díaz Amoedo con 29 puntos e xa con 22 puntos remataba en terceira posición José Antonio Álvarez Padín. En Mixto de Xílgaro volvía a repetir no primeiro posto Germán Alcalde Cebreiro con 89 puntos namentres que Enrique Curras del Río e José Manuel Alonso Martínez tíñanse que conformar coa segunda e terceira posición respectivamente. Xa en Verderolo o campión era María Estrella Pereira González con 6 puntos. Manuel Otero Martínez acadaba o segundo posto con 3 puntos e a tan so un punto, con 2, remataba en terceira posición Candido Lago Álvarez. |