CANS PARADA OURENSE |
Os gañadores foron Carlos Lalín con Agra en Británicos e Vicente Cortes con Aris en Continentais |
14/4/2014 |
Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada Na xornada de onte 13 de abril, disputouse no concello de Trasmiras o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores Trasmiras. Ata un total de 26 cans se deron cita nesta destacada cita, dos cales 21 correspondían a razas británicas e 5 a razas continentais. As diferentes presentación foron xulgadas polos xuíces Marcial Ramil Hermida e José Moure Caneda, destacando a extraordinaria calidade e puntuación con obtiveron moitos dos cans participantes. En Razas Británicas o primeiro posto foi para o pontevedrés Carlos Lalín Ferreiroá coa cadela “Agra de Torres da Varela” (PH) que obtivo unha cualificación de 1ºEXC. Repetía Carlos Lalín en segunda posición con “Alba de Torres de Varela” (PH) con unha cualificación de 2ºEXC. O terceiro posto, e polo tanto Campión Provincial, era para o ourensán Iván López López con “Frouma do Fontelo”(SIH) con un 3ºEXC. En Razas Continentais o campión foi Vicente Cortes Doce con “Aris de Polodarriba” (BH) cunha cualificación de 1º EXC. O segundo posto pera para “Piti” (GKH) propiedade de Andrés Pena Vázquez que obtivo unha cualificación de 2ºEXC. |