SAN HUBERTO OURENSE |
O campión provincial foi Andrés Sánchez |
14/4/2014 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto O pasado 12 de abril disputouse nos terreos do Tecor de Trasmiras o Campionato Provincial de Caza San Huberto de Ourense, organizado pola FGC en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores Trasmiras. O primeiro posto foi para o cazador pontevedrés Juan José Canosa Vigo con “Charlie da Chousa” (PM) que obtivo un total de 75 puntos. O segundo posto foi para o ourensán Andrés Sánchez Fernández con “Roa de Bosende”(SIH) que con 71 puntos converteuse no novo campión provincial da especialidade. Ao terceiro caixón do podio con 67 puntos subía José Canosa Senlle con “Wily da Chousa”(SIM). Os cazadores Andrés Sánchez Fernández, José Canosa Senlle, José Francisco Otero González e Castor Novoa Fernández formarán o equipo de Ourense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade. |