Os organizadores de Periodipesca 2014, que conta co respaldo oficial da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Conservación dáNatureza, Direccion Xeral de Turismo, os concellos de Cervo eBurela, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e das federacións nacionais e autonómicas de Caza e Pesca, xa teñen todo preparado para celebrar como merece a XXII edición da súa Convención. Un Congreso Internacional de Xornalismo Especializado en temas de caza, pesca, natureza e turismo rural e de aventura, que teñen na "sostibilidade" e o "interese común" a súa principal razón de ser.
Este ano e baixo o lema: "CERVO E BURELA, MAIS ALÁ DO CAMIÑO", o Congreso desenvolverase do 1 ao 4 de maio (ambos os dous inclusive) nas localidades lucenses de Cervo e Burela, de grande interese turístico e cun patrimonio natural, histórico e cultural envexable. O programa, como sempre, é tan amplo como diverso, sobresaíndo as habituais "Xornadas Técnicas" nas que se poñerán de relevo os temas máis actuais e candentes dos deportes e actividades que nos atinxen.
O Campionato Internacional de Pesca. As degustacións de "produtos dá terra e do mar". As catas de viños galegos e portugueses. E as excursións turísticas, ocuparán principalmente o tempo de ocio de congresistas e acompañantes que en número de máis de medio centenar de persoas de España e Portugal, entre xornalistas, colaboradores de prensa, expertos e entendidos nas materias que nos ocupan, daranse cita a beiras do Cantábrico nestas poboacións mariñanas.
No capitulo de recoñecementos, nesta XXII edición serán distinguidas varias autoridades galegas, entre as que se encontran oConselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, así como a Directora Xeral de Turismo, LameiraCastro. Tamén os alcaldes das vilas anfitrionas, Alfonso Villares eJosé Ramón González, serán nomeados "Socios de Honra", e tributaráselle unha cariñosa homenaxe a Jesús Marquina, Xefe do Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia, por extraordinario labor en defensa do medio natural e da caza e a pesca, e polo apoio prestado "sempre" a Periodipesca dende a súa fundación.
Neste apartado de recoñecementos citar igualmente o escritor e xornalista José Curt, autor de máis de medio centenar de libros, ademais de escribir de natureza, caza e pesca nas revistas e xornais de máis prestixio do país. Curt será distinguido co premio "Xornalista Nacional Distinguido 2014". Tamén a moza e guana xornalista titulada e todo un encanto de muller, Flor Robleda, que este ano ostenta o rango de "Madriña de Periodipesca 2014", será nomeado "Socia de Honra" deste Club Internacional do Periodismo Especializado, entre outros.