LEI DE CAZA |
A Federación convida a tódolos cazadores á presentación oficial da Lei de Caza |
24/3/2014 |
O vindeiro 29 de marzo terá lugar en Lugo a presentación oficial da nova Lei de Caza de Galicia por parte da Consellería de Medio Ambiente. A Federación Galega de Caza ven de ser invitada a este acto que estará presidido polo propio conselleiro, D. Agustín Hernández. Ao mesmo tempo, a FGC ven de convidar a tódalas sociedades de caza federadas a estar presentes neste acto para amosarlle á Administración o interese que esta nova Lei suscita para os cazadores galegos, así como a unión do colectivo cinexético. Dende a Federación considerase que se conseguiu unha boa lei, mais agárdase poder pulila e adaptala mellor aínda aos intereses dos cazadores e sociedades de caza galegos, por iso é importante estar xuntos. Tódolos cazadores están convidados a esta presentación, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de marzo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na Ronda da Muralla 70. Agardámoste. |