A Secretaría Xeral para o Deporte facía pública o pasado 7 de febreiro a convocatoria dos Premios do Deporte Galego 2013, iniciativa que cada ano premia aos deportistas máis destacados da nosa comunidade.
Como é habitual a Federación Galega de Caza elabora unha proposta dos seus deportistas máis destacados, sendo a selección deste ano a seguinte:
Dona María Luisa Rodríguez Rodríguez (Monforte de Lemos, Lugo): deportista da Selección Galega de Percorridos de Caza con Arco. Campiona Provincial de Lugo, Campiona Galega e Subcampiona de España da modalidade.
Don Abel López Lepiani (Monforte de Lemos, Lugo): deportista da Selección Galega de Percorridos de Caza con Arco. Campión Provincial de Lugo, Subcampión Galego e Subcampión de España da modalidade.
Don Artemio Formoso Barro (As Pontes, A Coruña): deportista handisport da Selección Galega de Percorridos de Caza e Compak Sporting. Campión Provincial de Lugo de Compak Sporting, Campión Provincial da Coruña de Percorridos de Caza, Campión Galego de Percorridos de Caza e Campión Galego de Compak Sporting, na categoría handisport da modalidade.
Equipo “Parrillada Antonio” da Sociedade Santa María Alta (Lugo): Campión da Copa España de Caza de Raposo.
Don Santiago Vigo Casavella (Xove, Lugo): xuíz nacional de cans de rastro sobre xabaril
Programa “Caza e Pesca na Galega” (Radio Galega): pola súa información, divulgación e promoción entre os oíntes do deporte cinexético.
XVII Festa da Caza de Lugo (Portomarín) – 26 de Maio de 2013: no que se celebra e reúnen as competicións de tódalas modalidades deportivas cinexéticas.