ARMAS
A Federación Galega de Caza subscribe un convenio de colaboración coa Federación Española de Armas y Municiones
14/2/2014

A FGC ven de subscribir un convenio de colaboración, con carácter totalmente gratuíto, coa Federación Española de Armas e Municións (FSA), polo que a FSA prestará asesoramento especializado aos federados galegos sobre cuestións relativas á interpretación e aplicación do Regulamento de Armas e de Artigos Pirotécnicos e Cartucheira.

Con este convenio a FGC pon a disposición dos seus federados unha nova sección de consultas, denominada “A FSA RESPONDE”, a través da que se pretende dar un novo servizo de resposta técnica especializada en Armas e Cartucheira aos cazadores galegos.

A FSA responde