RAPOSO |
O equipo lucense San Xorxe gañadores da I Supercopa Galega de Raposo |
10/2/2014 |
I Supercopa Galega de Caza de Raposo desputada en Portomarín O pasado sábado 8 de febreiro tivo lugar a celebración da I Supercopa Galega de Caza de Raposo, anteriormente Copa España, que se disputou na comarca de Portomarín, estando organizada pola Federación Galega de Caza e coa colaboración de un total de 18 Sociedades de Caza da zona. Neste Supercopa tomaron saída un total de 52 cuadrillas de caza chegadas de diferentes puntos das catro provincias galega e que durante a maña tentaron dar caza ao raposo. A xornada transcorreu sen imprevistos e o número de raposos avistados e capturados foi moi destacado apesares de estar a competición moi influenciada pola adversidade climática que asola Galicia nestes derradeiros días. Foi o equipo lucense “San Xorxe” o que chegou o control con un total de 3 raposos machos, feito este que lle reportou o primeiro posto da clasificación xeral e os converteu nos Campións desta I Supercopa Galega de Caza de Raposo. Co mesmo número de raposos pero con 1 macho e 2 femias, situábase en segunda posición o equipo chegado da provincia de Pontevedra “Rías Baixas 1”. Xa en terceira posición, e por sorteo, situouse o equipo pontevedrés “Os Colegas” con dous raposos abatidos. Unha vez pechado o control, cazadores, guías, xuíces, organización e autoridades gozaron dun xantar de irmandade no que se congregaron máis de 600 comensais. Entre as autoridades alí presentes atopábase o vicepresidente da FGC José Luis Valcárcel Yáñez, os presidentes provinciais da FGC de Lugo e Pontevedra, Francisco López Penelas e Francisco Couselo Castiñeira respectivamente, Ramón Rodríguez Cobas, delegado da competición de Raposo da FGC, o alcalde de Portomarín Juan Serrano e o representante da Subdelegación do Goberno en Lugo Roberto Raposo. Foi a entrega de premios a que puxo o punto e final a esta I Supercopa de Caza de Raposo e que dalgún xeito puxo o colofón a tempada de caza 2013/2014 en Galicia. |