CAZA RAPOSO |
O equipo Doble Cero, da sociedade O Cordal, gañador |
27/1/2014 |
Proba puntuable para a Copa Galicia de Caza de Raposo O pasado sábado 25 de xaneiro tivo lugar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Caza de Raposo organizado pola Sociedade de Cazadores Santa Bárbara e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Lugo. Á proba acudiron un total de 9 equipos que gozaron dunha extraordinaria xornada de caza de raposo. E dicimos extraordinaria porque a abundancia foi moi destacada sendo moi numerosas as capturas e avistamentos. Foi o equipo “Doble Cero”, da Sociedade O Cordal, o que acadou o primeiros posto ao entregar en control un total de 5 capturas, 4 machos e 1 femia. En segunda posición remataba o equipo “A Xesteira” con tamén 5 raposos, 2 femias e 3 machos. Completaba o podio o equipo “Parrillada Antonio” con 3 raposos capturados, 2 machos e 1 femia. |