XUNTANZA |
Posta ao día entre a FGC e a Dirección Xeral de Conservación |
27/1/2014 |
A publicación da Lei de Caza de Galicia foi un dos puntos tratados Na pasada semana, a comitiva da Federación Galega de Caza formada polos presidentes provinciais Francisco Couselo, Manuel Saa e Francisco López, máis o vicepresidente José Luis Valcárcel e o presidente da FGC Javier Nogueira Diz, mantiñan unha reunión coa Directora e Subdirectora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado e Susana Cuesta, respectivamente. No transcurso da xuntanza, tratáronse e analizáronse diferentes temas de actualidade relacionados coa actividade cinexética na nosa comunidade. E como non, a publicación da nova lei de caza de Galicia foi un deles, momento iste no que os representantes da FGC poñían en coñecemento da Directora e Subdirectora a necesidade dunha regulamentación axeitada desta Lei. No transcurso do ano a FGC seguirá mantendo diferentes reunións con esta Dirección Xeral para o bo funcionamento e desenrolo da actividade cinexética. |