OBSERVATORIO |
Comeza a recollida de fichas de seguimento de capturas de caza menor |
9/1/2014 |
Co comezo da campaña cinexética 2013/2014 da caza menor en Galicia, a Federación Galega de Caza, dentro do marco do seu Observatorio da Caza, comezaba unha campaña de recollida de datos voluntaria entre tódolos cazadores galegos, co fin de facer un seguimento das capturas de especies de caza menor na nosa comunidade. Rematada oficialmente a campaña de caza menor e xa so restando o remate da caza do raposo e a arcea, é momento da recollida das fichas de seguimento para proceder ao correspondente tratamento dos datos e posterior elaboración do informe. Por iso, establécese un prazo que rematará o vindeiro 14 de febreiro para a recollida destas fichas. Lembrámoslle que, co fin de incentivar a participación, e como agradecemento a aqueles que colaboraron nesta importante campaña, a Federación Galega de Caza realizará un sorteo entre tódolos cazadores participantes que envíen cumplimentada correctamente a súa ficha dentro do prazo de recollida establecido. Os premios sorteados son os seguintes:
Se vostede completou unha ficha, pode remitírnola por calquera dos medios de contacto da Federación Galega de Caza. |