XUNTANZAS
A FGC prepara a Asemblea Xeral do vindeiro 27 de decembro
17/12/2013

O vindeiro luns, 23 de xaneiro, a Xunta Directiva e a Comisión Delegada da Federación Galega de Caza celebrarán unha xuntanza na sede da FGC en Santiago, co fin de preparar a vindeira Asemblea Xeral que terá lugar esa mesma semana.

O venres, 27 de xaneiro é a data escollida para a celebración da Asemblea Xeral, e terá lugar no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte, no Estadio Multiusos de San Lázaron onde tamén ten a súa sede a Federación Galega de Caza.

Entroutros asuntos, nesta última Asemblea do 2013 está prevista a aprobación dos regulamentos das diferentes modalidades deportivas a nivel autonómico, así como os orzamentos para o 2014, e por supusto, unha posta ao día da situación da nova Lei de Caza de Galicia.

Os asembleístas que o desexen xa poden descargar toda a documentación necesaria para a Asemblea dende a seguinte ligazón www.federaciongalegadecaza.com/asemblea13