DECLARACIÓNS
A Oficina Nacional de la Caza, na que está integrada a FGC, solicita unha xuntanza urxente co PSOE
3/12/2013

Como consecuencia das declaracións realizadas polo eurodeputado do PSOE Andrés Perelló a pasada semana, nas que reclamaba a prohibición da caza deportiva e o veto á importación de trofeos, a ONC ven de solicitar unha reunión cos responsables do partido socialista para pedir explicacións sobre estas declaracións e aclarar se secundan a solicitude do seu partido en Europa.

A Federación Galega de Caza, integrada na estrutura da ONC, apoia esta iniciativa da mesma e manifesta a súa indignación ante tales declaracións, totalmente inxustificadas e infundadas, e tomará as medidas necesarias para reclamar a debida aclaración deste situación.